blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



As cousas claras Xosé A. Neira Cruz: As cousas claras
Col. Fóra de Xogo, 52. Eds. Xerais. Vigo, 2000
Premio Merlín 2000
Premio Lecturas 2002 - Más de 14 años

Marga visita no hospital a Mon, que se debate entre a vida e a morte. De volta na casa, ten un novo desacordo coa mai, quen, separada e dependente dos tranquilizantes, non soporta nin as ideas nin a forma de vestir da filla. Non se entenden.
A apertura dun sex-shop onda o instituto altera a vida na comunidade educativa. Na clase de literatura de Mon debaten sobre o sexo e ven unha película, que logo se exhibe en proxección pública para que os pais comproben que non é pornográfica, como comenta con escándalo a prensa. Daquela dan en aparecer pasquíns acusando a Mon de homosexual e corruptor de menores. Días despois, disque se intenta suicidar e por iso está ingresado no hospital. Un policía vén ao instituto investigar o caso.
Marga comeza a atar cabos porque el lle falara de que había un problema gordo no instituto. Localiza con Afonso a un compañeiro introvertido que falta a clases a miúdo. Entón, correndo serios riscos, descobren unha rede de pederastas na que está involucrado o tío do compañeiro. Mon intentaba axudarlle ao rapaz e por iso trataron de sacalo do medio.
Ao final, poida que se cure o compañeiro, como Mon e a súa propia mai, que ten un problema grave de saúde, e coa que por fin rompeu o muro de incomunicación que as arredaba. Ademais, o "pijo" de Afonso parece reciclable...

176 p. - 21x13 cm.               ISBN    84-8302-562-0
os lectores opinan Opinion

 materiais    .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais



Traduciónslinha

Castelán Las cosas claras
Trad. Xosé A. Neira Cruz
Col. Gran angular. Alerta roja, 49. Eds. SM. Boadilla del Monte, 2002
208 p. - 21x13 cm / ISBN: 84-348-8773-8
Catalán Les coses clares
Trad. Pau Joan Hernàndez
Col. El corsari, 64. Ed. La Galera. Barcelona, 2005
143 p. - 21x13 cm / ISBN: 978-84-246-8264-4