|
![]() |
Xelís de Toro: The Corunna boats Col. Fóra de Xogo, 73. Eds. Xerais Vigo, 2004 |
|
Cando Robin Donegan espertou en terras leonesas e
viu aquela cantimplora do seu pai arredor do seu pescozo comprendeu que fora
abandonado polo exército inglés de Sir John Moore que, perseguido
polas tropas francesas, iniciaba a súa retirada camiño do porto
da Coruña. Dende entón este afouto inglesiño de trece anos
emprenderá unha longa viaxe na procura de The Corunna boats
na que contará coa axuda, a protección e a amizade da familia do
xitano Marcial. Unha viaxe na que coñecerá as penurias e os
horrores daquela guerra da francesada, librada en Galicia hai case douscentos
anos e na que ao seu remate deberá escoller a rota que oriente a
súa vida. Xelís de Toro ofrece unha novela de trasfondo
histórico, de indubidable carácter iniciático, dirixida ao
público xuvenil, onde se abordan os grandes temas e cuestións que
interrogan aos mozos de todos os tempos: o amor, a amizade, a familia, o mellor
camiño para dirixir a súa vida. |
| 202 p. - 13x21 cm. ISBN 84-9782-055-X |
os lectores opinan
|
| materiais |
|