blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Con Aroa, o último verán Xurxo Chapela: Con Aroa, o último verán
Col. DoceXVintedous. Sotelo Blanco Edicións
Santiago, 1999

A novela comeza cun fragmento de Juan García Hortelano e divídese en once capítulos titulados. A seguir, nárrase, con detalle, a historia dun grupo de amigos e amigas que deciden trasladarse á serra do Courel para facerlle unha visita ó seu amigo Alberte, que se recupera alí dunha enfermidade que o obrigou a marcharse da cidade. Deste xeito, Raúl, Sandra, Domingos e a cadela Kiva viaxan ó Courel para, de paso, descansar uns días e gozar dos aires da montaña. Preto da casa de Alberte, na praia de Razo, atópase unha moza chamada Aroa Casares, que se instalou co seu mozo Pablo na "mansión soalleira de vintecinco cuartos e dez baños", propiedade dos seus pais, un armador ferrolán e unha xinecóloga dominicana. Aroa é amiga e compañeira de facultade de Sandra, motivo polo que Raúl, o protagonista, chega a coñecela neses días. Raúl, que está a pasar por un mal momento, xa que intenta esquecer a súa moza Patricia, namórase inmediata e perdidamente de Aroa. A partir deste momento, amósanse os máis profundos pensamentos e sentimentos de Raúl, quen loita desesperadamente contra os tremendos celos que sente cara a Pablo, o mozo de Aroa. Ó final da historia, Raúl acaba por convencer a Aroa, quen lle empeza a facer caso, e convértese no home máis feliz da terra. Despois de moito tempo, Raúl está en condicións de poder afirmar "¿Quen me ía dicir a min que no tempo dun verán a miña eterna mala sorte se ía derreter coma o xeo nunha copa de xenebra, lenta pero definitivamente?".

104 p. - 12x22 cm.               ISBN    84-7824-344-5
os lectores opinan Opinion




linha A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001