blix



AUTOR        ·        LECTOR           ·          COLECCIÓN          ·          XÉNERO         ·          ANO



Chungungo e catro contos máis Varios: Chungungo e catro contos máis
Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2001

Agrupación de Libreiros / Casa da Xuventude de Ourense
Ourense, 2002

Volume no que se recollen o relato premiado no XVIII Concurso de Contos para a Mocidade 2001 e os catro accésits. A edición ábrese cun breve limiar asinado polas dúas entidades organizadoras no que se reflexiona sobre a utilidade e interese deste tipo de concursos para novos autores.
Reprodúcense a continuación os contos premiados. En primeiro lugar o relato gañador, "Chungungo", de Marta Pérez Martín e a seguir os catro textos que mereceron accésit: "Uppercut", de Virxilio Rodríguez Vázquez, "A cidade dos soños incumpridos", de Roque Cameselle Capón, "O Anxo de Raioso", de David González Labrador, e "Cabalos azuis", da autoría de María Lorenzo Miguéns.
Inclúese tamén a ficha técnica do xurado así como a relación dos cincuenta participantes, con indicación da localidade de procedencia e ano de nacemento. Pecha o libro un Cadro de Honra, no que figuran os gañadores nas diferentes edicións do concurso, desde 1984.

112 p. - 13x20 cm.                     ISBN    84-453-3346-1
os lectores opinan Opinion