blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN                  XÉNERO         ·         ANO



Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto
Col. Fóra de Xogo, 18. Eds. Xerais
Vigo, 1997

O centro do labirinto

A mediados do século XXI a doutora Sara Mettmann, integrante do G-12, o grupo que rexe os destinos de Europa, viaxa a Galicia co seu fillo David. Mentres ela viaxa ao pasado ollando os petroglifos, David aventúrase no seu aeromóbil e intérnase nunha fraga tentado pola oportunidade de experimentar practicamente o seu xogo preferido de realidade virtual.
Coñece así un grupo da resistencia ás Leis de Unificación cultural e lingüística (co euroinglés) que impuxeran un modelo social negador da diversidade. O descubrimento da colonia de resistentes cambia a David e confirma á súa nai na idea de elaborar un informe estratéxico sobre a necesidade dun cambio radical que tolere a diferencia. Pero os grandes centros do poder non comparten o seu criterio e tratan de boicotealo.
Novela de aprendizaxe primorosamente escrita cun apaixonado alegato en favor das linguas minorizadas.

206 p. - 21x13 cm.                   ISBN    84-8302-117-X
os lectores opinan Opinion

 recensións    .  Babar
  .  Grial



Traduciónslinha

Castelán El centro del laberinto
Trad. Soledad Carreño Albín
Col. Algar Joven, 8. Ed. Algar. Santa Marta de Tormes, 2002
222 p. - 21x13 cm / ISBN: 84-95722-09-7
Catalán El centre del laberint
Trad. Pau Joan Hernández
Col. Antaviana jove, 19. Ed. Barcanova. Barcelona, 1999
232 p. - 22x13 cm / ISBN: 84-489-0745-0
Portugués O centro do labirinto
Trad. Isabel Ramalhete
Col. Escritas do mundo. Ed. Ambar. Porto, 2002
201 p. - 22 cm / ISBN: 972-43-0502-3