blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Castelao Xosé A. Neira Cruz: Castelao
Ilustracións de Mª Fe Quesada
Col. Así viviu, 2. Eds. Xerais
Vigo, 1997

Achégansenos baixo a forma dunha novela os aspectos máis destacados e os momentos clave da vida de Castelao.
Comeza cunha visita do autor á vila rianxeira para falar con Tareixa Castelao. A seguir, viaxa coa súa nave Carpe Diem, ata o Rianxo de 1895, data na que o autor de Sempre en Galiza está para marchar á Arxentina coa súa nai. Son varios os fragmentos da biografía de Castelao nos que se detén Amaro Mendiño e o seu ordenador Chiño.
Como na anterior entrega, tamén neste caso emprega distintas grafías para relatar por unha banda sucesos históricos ou fragmentos de obras, e pola outra o texto de ficción.
(Texto publicado anteriormente no volume colectivo Contos da travesía)

104 p. - 19x14 cm.               ISBN    84-8302-088-2
os lectores opinan Opinion




linha A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998