|
![]() |
Teresa Moure: A casa dos Lucarios Col. Fóra de Xogo, 105. Eds. Xerais. Vigo, 2007 |
|
Rosa e Chicho, cando perderon a súa
terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda
semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha
casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada
á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente
miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e
soños dos que escorregan polas fendas de madeira. Despois, Chicho
tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite
apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa
acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de
pezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondente
ración de dores e alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios.
Teresa Moure ofrece nesta novela curta, escrita nunha prosa engaiolante,
enchida de humor e sensualidade, a historia dunha familia a través das
mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de
varias décadas. Un texto memorable dunha das nosas grandes escritoras
contemporáneas. |
| 104 p. - 21x13 cm. ISBN 978-84-9782-630-3 |
os lectores opinan
|
| materiais |
|