|
![]() |
Domingo Tabuyo: Carmín Col. Fóra de Xogo, 62. Eds. Xerais Vigo, 2002 |
|
Nun mesmo día Rafa Meruelo
coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o
trancurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha
estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado
por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de
Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha
compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das
tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un
extraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha
inquedante investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle a
seguir as pegadas dunha muller descoñecida. Así arrinca o
argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa
que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e
dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa
Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola
ao lector ata o seu sorprendente remate. |
| 216 p. - 13x21 cm. ISBN 978-84-8302-857-5 |
os lectores opinan
|
| materiais |
|