Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz
Col. Fóra de xogo, 8. Eds. Xerais
Vigo, 1995

Cara á fin da luz

Días antes da eclipse total de sol, buscando un itinerario alternativo para fuxir dun atasco, a familia de Joseph, o protagonista desta novela, chega a un lugar estraño, a vila de Nova Israel, que xorde no medio do deserto. Unha paisaxe insólita, un ambiente abafante, uns personaxes inquietantes, uns acontecementos misteriosos. Atrapado neste lugar, fóra do tempo, Joseph atopa a Justin e descobren que levan días soñando un mesmo pesadelo. Un ser que habita neste soño guiará os seus pasos cara á salvación dun pobo atrapado polas forzas do mal, entre a vida e a morte. Mais deberán enfrontarse tamén a si mesmos e resolver, de forma radical e dolorosa, os seus propios conflictos.
Unha narración fantástica, inquietante, punteada polas letras desacougantes de Radio Futura, condúcenos, a través do labirinto polo que tratan de escapar os seus protagonistas, cara a un final aberto á esperanza, mais deixa en nós unha sombra de dúbida.

192 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-7507-941-5



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion