 |
Narra un médico a experiencia terrible
dun paciente agoniante que conseguiu salvar dunha posesión
exorcizándoo. Todo comezou cando unha noite o viñeron buscar
para que fose atender o dono dun pazo, un médico moribundo, que escribiu
a súa experiencia terrible nun texto que el vai lendo camiño do
pazo. Conta nel que un día bateu cunha capela embruxada á que
ninguén ousa achegarse. Nela enterrara un bisavó a muller que
trouxera das Américas e tiña sona de bruxa: á súa
morte, pasou a ser a Estadea, que conquistaba os mozos coa súa beleza
para que a acompañasen cos demais defuntos na procesión da
Compaña. Enterrada na capela familiar, que logo foi trancada para
intentar liberarse da maldición, descubriuna el como unha muller de
corpo fermoso e logo cadáver podrecido á fronte da
procesión dos mortos coa cruz na man. E volveu visitala. E
volverá porque sente que o posúe e a Estadea levaralle o seu
espírito mentres o corpo lle murchará até morrer. Cando
chega onda o doente, o médico chama o cura e libérano cun
exorcismo que fai fuxir voando o cadáver dunha muller espida, seguida de
trasnos. E liberan, tamén, a capela da posesión do mal.
Preséntase, así, a tradición da Santa Compaña, un
dos referentes ancestrais da cultura popular galega. |