blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Xabier P. Docampo: Cando petan na porta pola noite
Ilustracións de Fran Jaraba
Eds. Xerais. Col. Merlín. Vigo, 1994
Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil 1995
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995
IBBY Honour List 1996
White Ravens 1997

Cando petan na porta pola noite

Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén, a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura tradicional popular.
O espello do viaxeiro: Un home volve á casa familiar logo de 7 anos, para facerse cargo da herdanza dos seus pais mortos. Perdido na noite, vai dar a unha ferraría, onde só está o dono, que é fisicamente igual a el salvo que non ten a pálpebra do ollo esquerdo. Beben, acaban pelexando e o ferreiro féreo nun ollo: xa son iguais. Mátao o viaxeiro e ao día seguinte regresan a muller e o fillo, que o toman polo ferreiro auténtico. Eis a súa condena: ocupar o lugar do morto.
O fornadas: Tres das víctimas dunha vella moi ruín decidiron darlle un escarmento e acabaron matándoa a golpes. Cando foron queimar o seu corpo a un forno abandonado, nun momento dado incorporóuse, anunciando que se vingaría do que lle dara co pau na fronte, o Teixo. Liscaron asustados. Prenderon e condenaron ao Teixo, a quen a xente alcumou o Fornadas. Ao saír da cadea tornou solitario e moi raro. Un día contoulle ao narrador que se lle aparecía a vella e mesmo lle metía a man dentro do estómago, sacábaa ensanguentada e comía algo, dicíndolle que o agardaba no inferno. Aínda que por fóra non tiña marca ningunha. Cando apareceu morto, segundo o médico estaba baleiro por dentro.
A loba: Silvestre levou a moza á Coruña para desfacer o fillo que el axudara a facer. E logo casou con outra. O día da voda, a primeira moza foille dicir que lle debía un fillo. Logo, enforcouse, converténdose na xefa dunha manda de lobos terribles, que os homes non daban matado. Un día dunha batida rouboulle o filliño de Silvestre á muller. Silvestre deu coa loba nunha palleira e, sen saber que tiña o bebé con ela, prendeulle lume. Mais cando soubo que estaba dentro o seu fillo, entrou el tamén, morrendo os tres queimados.
O cumpremortes: A un home só chegoulle un día unha carta de "felicitación" pois ese día había morrer. Buscando evitar que se cumprise a súa morte, escapou para outra vila ou para a cidade, sen deixar rastro, pero seguíanlle chegando cada ano senllas cartas (cada vez máis curtas). Vivía pendente do que sería o seu último día do seu último ano segundo as cartas e non paraba en pousada nin sitio ningún para non ser localizado. Ata que un deses días do seu "cumpremortes", pasadas as doce da noite achegóuselle a muller "da gadaña", que lle dixo que librara dela por atreverse a non resignarse ao destino que lle viña escrito e ser quen de cambiar de vida... Aínda que agora que non se cumpriu o anunciado non sabe qué facer da súa vida.

86 p. - 19x14 cm.                   ISBN    84-7507-804-4
os lectores opinan Opinion

Cando petan na porta pola noite . Xabier P. Docampo:
Cando petan na porta pola noite

Reedición en colección xuvenil sen ilustracións.

Col. Fóra de Xogo, 46. Edicións Xerais. Vigo, 2000


96 p. - 13x21 cm.         ISBN    84-8302-555-8

Cando petan na porta pola noite . Xabier P. Docampo:
Cando petan na porta pola noite


Reedición na colección do xornal La Voz de Galicia

Col. Biblioteca Galega 120, 90. Ed. La Voz de Galicia. A Coruña, 2002

89 p. - 22x13 cm.    ISBN    84-88254-93-8 / 84-8302-756-9



  traducións        
Castelán

Cuando de noche llaman a la puerta
Il. Xosé Cobas - Trad. Rafael Chacón Calvar
Col. El duende verde, 93. Ed. Anaya. Madrid, 1996
96 p. - 21x11 cm / ISBN: 84-207-7090-6

Catalán

Quan de nit truquen a la porta
Trad. Mireia Alegre
Col. Antaviana jove, 11. Ed. Barcanova. Barcelona, 1996
88 p. - 22x13 cm / ISBN: 84-489-0374-9

Euskera

Gauez ate joka datozenean
Trad. Koldo Izagirre
Col. Branka, 53 . Ed. Elkarlanean, San Sebastián, 1996
80 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-7917-572-9

Portugués

Quando Batem à Porta Pela Noite
Col. Fora de Série. Ed. Ambar, Porto, 2003
66 p. - 14x21 cm / ISBN: 9724306461

 materiais    .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais
  .  Proyectos Lectura - Anaya