|
![]() |
Xosé A. Perozo: Caderno de Riparia Col. Fóra de Xogo, 77. Eds. Xerais Vigo, 2004 Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia 2003 |
|
O famoso escritor Simón Carrera pasa as
vacacións de agosto en Riparia, unha illa pequena, onde os seus poucos
habitantes están acostumados a convivir coas pantasmas. Dende a primeira
noite na casa solitaria dos catro camiños, que alugou a Cacabi, o
alcalde e cacique do pobo, descubrirá o rostro dun aforcado que se
disolve na penumbra da madrugada. Aquela casa, onde o Simón
pretendía tecer o argumento da súa nova novela, gárdalle
unha historia tráxica e inquedante que se nega a ser borrada da memoria
do tempo. Caderno de Riparia de Xosé A. Perozo, obra
gañadora do Premio de Novela por entregas de la Voz de Galicia 2003,
é unha engaiolante narración de intriga que esculca os labirintos
da memoria e as feridas dos acontecementos daqueloutro verán de 1936.
Unha novela fascinante onde se mesturan as pantasmas, as sombras e os pesadelos
dun lugar maldito co sol do verán sobre un mar largacío que
ilumina a descuberta dun vello segredo. |
| 136 p. - 13x21 cm. ISBN 84-9782-177-7 |
os lectores opinan
|
| materiais |
|
| recensións | |