|
| Xoán
Bernárdez Vilar: Big-Bang Col. Fóra de Xogo, 10. Eds. Xerais. Vigo, 1996 |
![]() |
Nesta novela estructurada en catro capítulos titulados e un apéndice, cóntase a viaxe dun grupo de astronautas a un planeta para recuperar a uns compañeiros desaparecidos. Ó mesmo tempo que esta expedición, prodúcese un choque espacial que fai desaparecer tódalas formas de vida dun planeta. A lenta e progresiva transformación do medio, a capacidade de adaptación a un medio adverso, a evolución das especies, dentro da que os saurios acadan un especial tratamento, son cuestións que merecen a atención de Xoán Bernárdez Vilar e centran o contido da novela. As relacións humanas, restrinxidas a un círculo embrionario, enlazan e navegan por todo o desenvolvemento narrativo e o autor vese na necesidade de botar man dos máis sofisticados avances da técnica científica para preserva-la súa conservación. |
| 152 p. - 13x21 cm. ISBN 84-7507-977-6 |
os lectores opinan
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |