blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Biff, bang, pow! Xabier López López: Biff, Bang, Pow!
Col. DoceXVintedous. Sotelo Blanco Edicións
Santiago, 1997

Biff, Bang, Pow! é unha "novela case negra", un xogo detectivesco en clave de humor, onde o lector se converte en partícipe da trama, subliñada polo autor por continuos efectos gráficos.
O seu protagonista, o galego Antón Peruleiro, abandona a aldea galega en busca do soño londinense. Pero a realidade lévao a un Londres moi diferente do esperado. A necesidade obriga ao protagonista a se converter en detective privado e a fatalidade fai que o seu primeiro caso, o roubo dunha cinta de cine pornográfico, esconda tras si un caso de espionaxe internacional.
Ao longo da obra xógase cos tamaños e as formas das grafías.

216 p. - 12x22 cm.               ISBN    84-7824-304-6
os lectores opinan Opinion




linha A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998