blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



A banda sen futuro Marilar Aleixandre: A banda sen futuro
Col. Fóra de Xogo, 40. Edicións Xerais.Vigo, 1999
Premio Lazarillo 1999
Premio Lecturas 2001 - Máis de 14 anos

Carlota ten dezaseis anos e vai comezar o bacharelato nunha cidade nova e sen mar á que se trasladou a familia. Tivo que rapar a cabeza para curar un eccema e desexaría non empezar nesas condicións nun centro no que coñece a ninguén. Le no xornal unha información sobre a morte de Poch, líder do grupo dos anos oitenta Derribos Arias, pega unha foto del no seu cuarto e convérteo no confidente dos seus problemas e arelas. O seu diario, que compón o texto do libro, é a testemuña que nos transmite mesmo os seus diálogos.
Son duros os comezos no instituto co seu gorro, aínda que axiña lle aparece un valedor, Miguel, co que ela querería ter máis relación, pero el decídese pola guapa Paulina. Entre o día a día do instituto, co problema dun exame de Debuxo fixado unilateralmente pola profesora para un sábado, xorde a oportunidade de representar unha obra de teatro. Carlota vai facer un dos personaxes. Así comeza a súa continua comunicación con Moncho, que acaba declarándoselle. Cando á avoa lle aparece un cancro irremediable, parece abrirse unha porta do futuro a Carlota: xa non terá que seguir co pelo curto.

158 p. - 21x13 cm.               ISBN    84-8302-471-3
os lectores opinan Opinion

 materiais    .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais