blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Ata que malle... Varios: Ata que malle en min o mencer
Premios do XXVI Certame Literario "Minerva

Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro
Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos
Santiago de Compostela, 1999

Bernardino Graña, como mantedor no acto de entrega dos premios, reivindica no Limiar o poder de soñar nesta sociedade actual que, cal un enorme Titanic, ten como norte o negocio. Mandan os poderosos, os donos da economía, pero carecen da alegría compartida do traballo artístico. Cunhas breves notas, caracteriza, a continuación, as obras galardoadas neste certame do Colexio Peleteiro.
Seguen, logo, os traballos premiados. En primeiro lugar, os poéticos, da autoría de Irene Cacabelos Vieites, Alejandro R. Cameselle Capón, María Álvarez Sánchez, Sara Arias García, Noela Fernández-Albor Batallán, Borja Verea Fraiz e David García Díaz. Os autores dos textos narrativos son Samuel Solleiro González, Alejandro Roque Cameselle Capón, Germán Labrador Méndez, Sara Barreiro e Alberto Jurjo Costa. Todos eles, xoves que cursan estudios de ensino medio en diferentes centros de Galicia.

144 p. - 19x19 cm.                   D.L. C-103-99
os lectores opinan Opinion