blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



ˇAsústate, Merche! Fina Casalderrey: ¡Asústate, Merche!
Col. Fóra de Xogo, 3. Edicións Xerais. Vigo, 1994

Velaquí a historia de Auria, unha rapaza de quince anos que está a vivi-los problemas da adolescencia. Como non ten irmáns, todo canto lle acontece compárteo cunha amiga imaxinaria, Merche, á que se dirixe no seu diario.
Filla de nai solteira, Auria é previda na casa arreo sobre os riscos vencellados á relación cos rapaces. É por iso polo que Auria se nega a medrar e sente medo ante a posibilidade de namorarse, experiencia que identifica cos sufrimentos padecidos pola súa nai.
Esta situación empeza a cambiar cando a nai inicia unha relación amorosa co cura da parroquia. Isto coincide co comezo da amizade entre Auria e Paio, un rapaz ó que coñece durante unha viaxe de peregrinación por Europa. Con Paio, Auria descobre o amor por primeira vez e, aínda que non está segura de que este vaia durar toda a vida, loita con tódalas forzas porque así sexa.

216 p. - 21x14 cm.               ISBN    84-7507-843-5
os lectores opinan Opinion

 materiais    .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996