|
![]() |
Xosé Miranda: Ariadna Eds. Xerais. Col. Fóra de Xogo, 61. Vigo, 2002 |
|
Adriana e Ariadna son dúas irmás
xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a
que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de
cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois
da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric
IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta
aloxaranse no Cristal Palace, un dos dous únicos puntos de presencia
humana no planeta virxe, no Paraíso Perdido do que a humanidade emigrara
uns séculos antes. Alí atópanse cunha banda de foraxidos,
con criaturas nativas semihumanas e cun científico coroado por un nimbo
de luz. Hai unha rapaza robot, Preciosa, que se cre humana e que pregunta
constantemente pola súa familia, e un rapaz de ollada triste e andares
extraños. No seu primeiro día de estancia no planeta saen
á caza de unicornios. O fío que une a Adriana e Ariadna vaise
adelgazando nese labirinto constituído por un planeta enteiro.
Ariadna, a última novela de Xosé Miranda, é unha
obra de ciencia ficción engaiolante. Unha novela de aventuras
trepidante, enfiada por una intriga permanente. Unha viaxe á procura da
felicidade, enfiada polo descubrimento da identidade dos seres humanos, aqueles
que disfrutan do amor e da tristeza, os que viven a mercede da natureza coas
únicas armas da intelixencia e a
solidariedade. |
| 128 p. - 21x13 cm. ISBN 84-8302-769-0 |
os lectores opinan
|
| materiais |
|