blix



Miguel Vázquez Freire: Anxos en tempos de chuvia
Col. Fóra de Xogo, 22. Eds. Xerais. Vigo, 1997
IBBY Honour List 2000

Anxos en tempos de chuvia

Novela innovadora pola combinación de técnicas narrativas e pola temática controvertida.
Unha rapaza (Anxos) e tres rapaces (Nando, Dani e Xurxo) morren a madrugada dun sábado nun accidente de automóbil atribuído ó exceso de alcohol. Moncho non quere acepta-las causas oficiais e ponse a investigar na procura de pegadas da inocencia da súa irmá: nese camiño de pesquisas atopará o que sen saber busca, a aprendizaxe para vivi-la morte, para entendela e aceptala.
A maior parte da narración está feita en segunda persoa, alguén do que non sabemos a identidade ata chegar ó capítulo "Quen son eu", vaise dirixindo a Moncho e facendo avanza-lo relato. Pero tamén aparece a primeira persoa a través do diario da propia Anxos e na descrición dos soños de Moncho.
A obra está atravesada polos temas de sempre e agora, de adultos e de mozos, a través das reflexións que uns e outros personaxes van compartindo sobre a morte, a relixiosidade, a inxustiza, o descubrimento dun mesmo, o amor, o sexo, a rebeldía interior, o nacionalismo, a sida ou a inxustiza.

157 p. - 21x12 cm.                                                          ISBN    84-8302-193-5



{short description of image}

A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998



Opinion