blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



A cabalo dos sons... Varios: A cabalo dos sons...
Premios do XIX Certame Literario "Minerva"

Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro
Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos
Santiago de Compostela, 1992

Cun limiar de Carlos Casares, que actuou como mantedor nesta edición do concurso, o libro reúne os traballos galardoados nos Premios do XIX Certame literario "Minerva". Recóllense os poemas premiados de Xosé Manuel Vázquez López, Agustín Hermida Castro, Iván Reymóndez Fernández, Gonzalo Rodríguez Rey e Manuel Darriba Blanco. Os autores dos textos narrativos son Beatriz García Turnes, Gonzalo Rodríguez Rey, Mónica Fernández Fernández, Manuel Darriba Blanco, César Darío Castro Porto e Vanesa Galiano Blanco. Todos eles, xoves que cursan estudios de ensino medio en diferentes centros de Galicia.
Destaca tamén a maquetación e a concepción visual dinámica, obra de alumnos de deseño do propio centro editor.

108 p. - 19x19 cm.                   D.L.C-118-1992
os lectores opinan Opinion