blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN                  XÉNERO         ·         ANO



Xerardo Méndez: O abrente é un desatino
Col. Docexvintedous. Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela, 1995

O abrente é un desatino

A aventura nocturna dunha panda de rapaces que celebran o remate do curso é o comezo tamén dunha historia de amor entre dous compañeiros de instituto. Inesperadamente, mentres están nunha discoteca, os protagonistas vense enredados nunha liorta por un suposto asunto de drogas, polo que teñen que fuxir perseguidos polos membros dunha das bandas do barrio. Iníciase deste xeito unha historia de descubertas: o amor, a violencia da vida, os diferentes e moitas veces irreconciliables puntos de vista dun rapaz fronte a unha rapaza e ó revés, a pura aventura de ser mozo.
O estilo da narración é áxil, de frases curtas e diálogo rápido. A linguaxe é popular, xuvenil, como corresponde ás voces dos protagonistas, que nos contan a historia desde tres puntos de vista diferentes, intervindo alternativamente e facendo avanzar a acción. O autor condúcenos ata o desatinado abrente por unha noite nova e tola, facéndonos sentir todo o desacougo e as dúbidas dos anos mozos na que logo semella ser a noite máis curta e a máis longa da vida.
(información editorial)

84 p. - 12x22 cm.                   ISBN    84-7824-248-1
os lectores opinan Opinion