blix



Ramón Rodríguez Porto: Voltar a Bacelares
Gráficas Chantada
Chantada, 1989

Voltar a Bacelares

Conta Adrián, un rapaz de dez anos -a quen lle gusta moito escribir, aínda que o seu pai di que iso é unha trapallada-, do seu Bacelares natal, unha ducia de casas perdidas nun recuncho do mundo. O vello tío Bicas é o mellor amigo dos nenos, aos que lles conta moitos contos; e tamén o mellor mestre da vida, que nunca foi á escola e o que sabe aprendeuno do seu fillo, xa morto. Os rapaces enredan facendo trasnadas ou construíndo artesanalmente os seus propios xoguetes, agás o fillo do señor Ramón, o ricachón, que os pode comprar, como un balón de coiro que é a envexa de todos, ou a modernidade da caixa que fala: ¡unha radio!
Logo de que o Mantecón emigrase a Arxentina e lle fose ben alí, a familia de Adrián tamén marcha. El leva a gorra do tío Bicas de agasallo e este queda coa súa coia para lembrarse del. Todos os días se lembra alá en Bos Aires de Bacelares. Pasados doce anos, con 22, cando xa rematou Dereito, ao recibir a nova da morte da tía Lidia, a muller do tío Bicas, vén a Bacelares para estar co vello amigo. Aínda que todo está cambiado, sentiu a emoción do espacio natal e entón decidiu non voltar a Arxentina. Non será un desertor do arado, será labrego e fará algo de proveito por esta terra que leva dentro e non poderá nunca deixar.

98 p. - 12x17 cm.                                                          ISBN    84-404-5782-0



Opinion