|
Olegario
Sotelo Blanco: A volta ós mundos de
Tucho |
![]() |
Novela na que o
protagonista, un rapaz de catorce anos que vive no medio rural galego, percorre
o mundo enfrontándose cos problemas que hoxe en día están
de máis actualidade: o subdesenvolvemento, a contaminación, a
tecnoloxía e os cambios de vida que trae como consecuencia ou a
superpoboación. Son cuestións que Tucho debe descubrir e que lle
han axudar a coñecer, asemade, o seu propio país, logo de o
comparar con outros tan distintos como Rusia ou o Xapón. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1995 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997 |