blix



Helena Villar Janeiro: A voda de papá
Ilustracións de Xoán Cidrás Robles
Col. Infantil-Xuvenil. Serie Laranxa. Alfaguara-Obradoiro. Vigo, 1994


A voda de papá

Sara, unha nena de nove anos, ten que afrontar a tremenda dor que lle produce a morte de súa nai.
Coa desaparición deste ser tan querido, a súa vida empeza a xirar case exclusivamente arredor da figura do seu pai, co que Sara vai adoptando diversos roles: nai, filla e mesmo amiga. Isto permítelle comprendelo mellor e rematar aceptando a nova voda deste.
Paralelamente, Sara consegue ir diferenciando entre o mundo real e o fantástico, obxectivo que logra gracias á axuda de Cloti, unha rapaza que coñece nunha viaxe ós Ancares.

96 p. - 20x12 cm.                                                                ISBN    84-8793-787-X

A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion