blix



Xesús Pisón: Viva Peter Pan
Col. Teatro nas Aulas, 2
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
A Coruña, 1995

Viva Peter Pan

Breve peza teatral inspirada no mundo dos contos. Darío e María son dous irmáns que voltan do País de Nuncamais á súa casa onde recobran a memoria. Mais non queren medrar e van á procura de Peter Pan. Atopan a Merlín, esquecido no seu bosque, sen axuda da súa maxia, na que ninguén cre xa, e a Xerezade que agarda a chegada do Sultán para lle contar unha nova historia. Son arrastrados ó mundo do futuro no que a literatura é rexeitada por nociva e subversiva. Foxen de novo ó seu fogar da infancia e deciden medrar sen esquecer, cara a adiante, con valentía.

32p. - 17x12 cm.                                                          ISBN    84-920453-4-5




A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion