|
Daniel
Ameixeiro: Vila Cerdeira |
![]() |
Vila Cerdeira ten catro
casas e un pozo na praza que non dá auga. Só quedan vellos,
porque os mozos marchan e non volven... Os seus habitantes viven con
tranquilidade o día a día, coas súas lendas e cantares,
cos soños aínda pendentes. Cada un ten o seu mundo, os seus
soños, de amor ou de futuro, nos que mesmo se poden quedar ata que se
resolva. Se hai quen inventa aparellos de fantasía, tamén hai un
mouro que llos cambia polo plano dun tesouro. Ata o alcalde ten moitas ideas,
por máis que logo non as leve á práctica. |
|