blix



Xosé Lois Ripalda: Viaxe aos Ancares
Ilustracións de Xosé Lois Ripalda

Col. Elefante Contacontos, 41. Ed. Ir Indo. Vigo, 2009


Viaxe aos Ancares

Nárrase nesta novela a viaxe de fin de curso e da etapa de primaria dun colexio de Vigo. Un grupo de alumnos, acompañados do mestre, viaxan ata os Ancares. Atravesan, deste xeito, Galicia dende a banda do mar ao interior limítrofe con León. Segundo van pasando polos diferentes lugares, o mestre explícalles con amenidade o que van vendo, coa súa historia ou lendas e a súa riqueza monumental ou paisaxística, e os rapaces e rapazas mostran unha grande agudeza e curiosidade por saber. Así, apúntase información de todo tipo sobre Redondela e a súa lenda do monstro; Pontevedra e Teucro; Caldas e a loita dos cilenos contra os romanos; o pazo de Oca, mostra da arquitectura pacega; Monterroso e a derrota da nobreza galega; Lugo, coa Catedral, a muralla, o museo, así como a lenda de María Castaña. Ata que chegan aos Ancares, onde ven moitos animais protexidos: a pita do monte, o raposo, o corzo... marabillados ante a espléndida natureza, que cómpre respectar.
Á volta, fan parada nas pallozas de Pedrafita do Cebreiro; en Monforte, a da rebelión dos guímaros contra o conde Lemos; percorren o paradisíaco Sil, Ourense e a fonte das Burgas, o Ribeiro e a fermosa Ribadavia... e chegan por fin a Vigo, rematando así esta homenaxe ao país e á súa natureza, que cómpre conservar, como recorda o comezo de "O bosque animado", copiado por Brais no seu diario.

100 p. - 20x13 cm.                                                      ISBN    978-84-7680-652-4



Opinion