blix



Xosé Antón Pet Posse: Un berro no silencio da noite
Ilustracións de Xosé Cobas
Col. Ala Delta, 25. Serie Verde
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1993

Un berro no silencio da noite

No libro nárrase a viaxe que fai un neno, Leliño, polas terras de Bergantiños, na busca de seu pai, un portugués que andaba polo mundo de feira en feira vendendo mercadorías.
A través das diferentes peripecias da viaxe, van aparecendo personaxes dun antigo mundo rural: o zoqueiro, o capador, o zarralleiro... É o mundo das festas populares, das tradicións e das vellas crenzas. Aparecen tamén personaxes do trasmundo cultural galego: as meigas, o lobishome e a Santa Compaña.

96 p. - 18x13 cm.                                             ISBN    84-263-2309-X




A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion