| Manuel
María: A tribo ten catro
ríos Col. O Barco de Vapor. Serie Vermella, 9 Ediciones SM. Vigo, 1991 |
![]() |
A "tribo" do
autor, Outeiro de Rei, ten catro ríos, como seica o Paraíso
Terreal, gracias aos versos de Manuel de Paderna, que fixeron nacer o Regato do
Cepelo. Paderna, alguacil e barbeiro con cátedra de poesía, que
non repara en homenaxear coa súa arte a futbolistas, enténdese
coa fonte e consegue que lle axude a namorar a sobriña do alcalde.
É unha das razóns polas que o alcalde don Capitón teima
contra el prohibíndolle mesmo dar o pregón das festas, ademais de
mandar derrear o quiosco da música e deixar esborrallar a Ermida de
Santa Isabel, xurdida na lagoa gracias a que Paderna fixo que as augas seguisen
a súa frauta. |
|