blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: Tres pasos polo misterio
Col. Fóra de xogo, 74. Edicións Xerais
Vigo, 2004

Tres pasos polo misterio

Conxunto de tres relatos co elemento común do misterio, dun suceso inquietante e inexplicable que mudou nun momento dado a vida dos narradores protagonistas.
Os textos, A serpe de pedra, A vella foto das estrelas e As sombras do faro figuran en senllos libros colectivos: Contos do museo, Imos xuntos camiñar e Historias para calquera lugar, respectivamente. En todos eles rexístranse mínimas revisións estilisticas e algúns pequenos cambios no desenvolvemento narrativo da historia. Ademais, o último dos contos incorpora tamén un capítulo inicial, novo, no que o narrador protagonista reflexiona sobre a súa irresistible ansia de volver a Pontebranca pasados trinta anos, unha vez que morreu o seu pai e atopou vellas fotos que lle trouxeron á memoria a inquietude do vivido durante aquel curso tan especial.
Esta edición permite unha nova lectura dos textos, afastados no tempo pero cunha unidade básica que transmite a súa sorprendente cohesión temática e estilística.

206 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-9782-105-X



.  
TRADUCIÓNS

catalán Tres passes pel misteri
Trad. Josep Franco Alzira
Col. Espurna, 70. Ed. Bromera. Alzira, 2004
192 p. - 21x13 cm / ISBN: 84-7660-992-2

MATERIAIS

.   Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais


Opinion