blix



Henrique Monteagudo: O son das ondas. Mendiño, Martín Codax, Johán de Cangas. Xograres da beiramar
Col. Árbore, 100. Serie Letras Galegas
Ed. Galaxia. Vigo, 1998

O son das ondas

Como vén sendo habitual todos os anos, Galaxia edita un volume nesta colección infantil centrado nas figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, neste ano os tres trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas.
Segundo expón Henrique Monteagudo no limiar a súa intención é ofrecer, dende un nivel inicial, "uns elementos mínimos de abordaxe do complexo fenómeno cultural que supuxo a lírica galego-portuguesa". Para abordar o estudio repasa ao longo de sete capítulos os conceptos clave que axudan a entender esta producción, fundamentalmente, límites cronolóxicos, xéneros, técnicas de construcción, distincións entre trobadores, segreis e xograres, etc. Ofrece ademais un estudio da denominada cantiga de romería, achegando as súas características temáticas e formais e os autores que as cultivaron, e unha lectura individualizada de cada un dos trobadores homenaxeados. Pecha o volume un "Apéndice para ler o galego medieval".

128 p. - 21x12 cm.                                                          ISBN    84-8288-172-8



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion