blix



Xavier Lorenzo: A serra máxica
Ilustracións de Loli Cora
Narrativa pra nenos. Ediciós do Castro
Sada, A Coruña, 1998

A serra máxica

O narrador lembra, pasado o tempo, os relatos contados polo avó Ramón nun Nadal de Posguerra na serra madrileña da Pedriza.
Coa presencia latente da posguerra e dos tempos da dictadura de Franco, a maioría dos relatos teñen en común o feito de estaren protagonizados por bandoleiros que habitaban a serra noutros tempos. Noutros casos proceden de feitos históricos determinados como o padecemento do mordomo da familia, de orixe xudía, diante dos nazis ou a fuxida duns prisioneiros do Val dos Caídos. Non faltan tampouco sucesos impactantes como pode ser o da suposta aparición dun ovni.

58 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-7492-900-8



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion