blix



Xavier López Rodríguez: A serea do deserto
Ilustracións de Marifé Quesada
Col. Infantil-Xuvenil. Serie Laranxa
Alfaguara/Obradoiro. Vigo, 1997

A serea do deserto

É a historia de Tawala, unha rapaza saharaui que vén pasa-lo verán a Galicia e descobre a súa afección pola auga. De súpeto devece polo mar, polos ríos e sorpréndese da súa gran habilidade para nadar cando nunca antes o fixera.
A narradora, a rapaza que a acolle na súa casa, vai dando conta de todo canto acontece naquel verán. Nun principio sente celos pola grande atención e delicadeza dos seus pais coa estraña, pero pronto esa desconfianza transformarase na amizade e no respecto cara a unha cultura e uns costumes afastados dos seus.

80 p. - 20x12 cm.                                      ISBN    84-8224-080-3



{short description of image}

A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998



Opinion