blix



Xesús Vázquez Ramos: O segredo dos homes de pedra
Ilustracións de Adolfo Vázquez Rodríguez
Col. O Trolebús, 10. Ed. Casals
Barcelona, 1998

O segredo dos homes de pedra

Relato no que se narran, en doce capítulos titulados e con escasas ilustracións en branco e negro, as aventuras de Xoán, que pasa uns días de vacacións cos seus pais na aldea onde vive o avó. O narrador describe, con todo detalle, a vida na aldea, así como a celebración da noite de San Xoán e relata as historias e lendas que circulan pola aldea dende tempos moi remotos.
A continuación, nárrase a aventura do protagonista e dos seus amigos no castro que está preto da aldea. Alí atopan unha cova e un pasadizo secreto que os conduce ata unha ampla biblioteca con exemplares únicos e as tumbas dos monxes que habitaron o mosteiro. Este acontecemento provoca a chegada dunha serie de investigadores que se farán cargo do descubrimento dos rapaces e rapazas da pequena aldea.

122 p. - 20x14 cm.                                                          ISBN    84-218-1996-8



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion