blix



Gonzalo Navaza: Santos e defuntos
Ilustracións de Ramón Trigo
Col. A letra durminte. Eds. Xerais. Vigo, 2001

Santos e defuntos

Conta o narrador que se viu enredado nun deses programas televisivos que promoven lacrimosos reencontros familiares logo de moitos anos de separación, cando un día de xuño do 93 o chamaron da televisión por ser probable sobriño dun tal señor Amadeo. Xa a súa mai reclamara a súa presencia en Soutelo para que vise o programa, que gravara unha veciña. Nel, desde un hospital do Brasil, un home de uns setenta e cinco anos, con amnesia logo dun grave accidente, manifestaba a súa ilusión por reencontrar o parentes de Galicia e os lugares da súa infancia. Todos coincidiron en que era Amadeo, o irmán do pai do narrador, que fuxira no ano 39 cando uns homes armados o viñeran buscar na noite (por cuestión da honra dunha moza e non por razóns políticas). Desde entón non volveran ter novas del.
Meses despois de se comunicar co programa, asistiron a el como invitados. Postos en contacto vía satélite, un refrán nun cadro relixioso familiar confirmou que era o parente perdido, malia que varios telespectadores de Silleda dixeron recoñecelo como un veciño seu. Polo Nadal, produciuse por fin o desexado reencontro gracias á televisión, que lle pagou a viaxe. Acompañado da súa fisioterapeuta, pasou un mes con eles. De volta no Brasil, axiña volveron perder o contacto, ata que lles notificaron a nova do seu falecemento. Alá foi o sobriño para repatriar o corpo e atopouse coa sorpresa de que estaba vivo e non era en realidade tío seu. Nacera en Silleda e fixérase pasar polo tío cando este morreu, para cobrar a súa suposta herdanza multimillonaria, inexistente.
Aclarado todo, trouxo o cadáver do auténtico irmán de seu pai. Agora, morta a súa mai, decidiuse a contar o sucedido.

52 p. - 12x23 cm.                                                                ISBN    84-8302-722-4



Opinion