|
Lisardo Novo volve a este mundo ante a sorpresa da familia. Non
peregrinara a San Andrés de Teixido, onde vai de morto quen non foi de
vivo. Emprende entón a súa peculiar odisea para conseguilo.
Sortea todas as dificultades, desde a recuperación do seu traxe novo,
que a familia xa vendera, ata diferentes medios de transporte para chegar a San
Andrés. Mesmo se atopa cunha antiga moza, que aínda non perdera a
esperanza de casar con el. Pero o seu mellor aliado é un espiritista, a
quen lle pode ser de moita axuda polos seus contactos co máis
alá. Utilizando como motivo unha lenda tradicional, Pepe Carballude
recrea en clave xuvenil o tema dos aparecidos, un dos piares da literatura
popular galega, cun estilo áxil e un tratamento lúdico. O humor
convértese así na súa mellor ferramenta. |