 |
Peza teatral escrita en 1939 e publicada no
volume "Farsas para títeres" en 1973. Esta "farsa para
títeres especiosos" transcorre no Reino de Trapalandia, onde o
xigantón Micomicón, enfrontado á posibilidade de ter que
casar coa princesa dun reino veciño, chora, namorado de Adhelala,
princesa turca que ten a súa mai en catividade. As bágoas de amor
provocan que encolla converténdose nun home de aspecto físico
normal. A posibilidade dun neto próximo fai que a Raíña
Nai o celebre con eles dous. A presente edición é unha
adaptación con modificacións léxico-ortográficas,
na onomástica e no propio texto dramático, que representou o
grupo Sarabela Teatro. Incorpora ademais unha unidade didáctica con
diversas actividades de análise e aplicación. |