blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: O Raio Veloz
Ilustracións de Andrés Meixide

Col. Camaleón, 11. Serie Verde. Planeta&Oxford
Barcelona, 2006

O Raio Veloz

Adrián, aos seus 26 anos, vivía só, sen ter a quen amar nin ser amado. Traballara de pallaso para festas infantís ou nunha floraría, onde facía as dedicatorias dos ramos máis poéticas, pero aínda seguía á busca dun emprego que lle permitira ser feliz facendo máis feliz á xente anónima coa que se cruzaba cada día. Leu nun anuncio por palabras do xornal a oferta de traballo nunha empresa de mensaxería, O Raio Veloz, e foi á entrevista. A dona, Rosa, era unha muller moi agradable, da súa idade máis ou menos e outras curiosas coincidencias, que logo mesmo de xogar con el a asociar palabras e ás adiviñas, contratouno polo mes de Nadal.
Así comezou a súa oportunidade de axudar á xente a pasar mellor as festas, que non desaproveitou. Cando tivo que levar as notas dunha profe agripada, modificou os suspensos por notas que buscaban animar aos malos estudantes. Eran o seu regalo de Rei Mago. Cambiou as delicatessen da cesta de Nadal dun coñecido empresario local, rico e gordo, pola modesta bolsa da compra dunha muller con dúas fillas dun barrio humilde. Cando tivo que levar os libros, cds, unha pulseira ou o anel, que unha muller chorosa lle devolvía ao seu ex noivo cunha nota de desamor, el corrixiu o escrito, deixando a porta aberta a unha posible última cita de reconciliación, que esa mesma tarde se produciu. Deixou en liberdade a seis fermosos xílgaros, que ían ser a comida dunha serpe do Amazonas que actuaba nunha sala de festas: paralizaba os paxaros coa ollada e logo engulíaos. Meteu no seu lugar na caixa uns de cerámica. E aquela tarde recibiu el unha gardenia en agasallo, acompañada dunha tarxeta misteriosa que indicaba que o amor verdadeiro só se presenta unha vez na vida. E en días sucesivos leváronlle envíos sorprendentes: doce rosas vermellas e uns versos de Eluard, a poesía completa de Cunqueiro, un cd de jazz, unha caixa de bombóns, o dvd de “Días de radio” e finalmente un camelio noviño. Cada paquete traía unha tarxeta e entre todas compoñían un xeroglífico que logrou resolver: podería saber quen llas mandara acudindo o día 25 ás doce á Praza das Pombas. Alí estaba Rosa, agardando a súa chegada.
Adrián entón pensou no azar, que fixera que lera o anuncio e o conducira ao emprego e á muller que soñara tantos anos.


104 p. - 20x13 cm.                                                          ISBN     84-9811-071-8



.  
TRADUCIÓNS

Castelán El Rayo Veloz
Il. Andrés Meixide
Col. Camaleón. Serie verde. Ed. Planeta & Oxford. Barcelona, 2006
104 p. - 20x13 cm / ISBN: 978-84-9811-084-5

RECENSIÓNS

  .  A bondade viaxa en moto (La Voz de Galicia)
  .  fadamorgana



Opinion