 |
Conta Carlos Filgueira
Capelo, nado hai nove anos en Lires (Cee), a quen chaman Poti (polos
potiños dos bebés) porque é gordo, que seus pais
están en Suíza. Xúntase con eles nas vacacións de
verán e Nadal, alá ou aquí. Vive coa avoa viúva,
que ten problemas para dicir ben algunhas palabras. A el chámalle
Calros. Cando fai algo mal ameázao con contárllelo aos pais cando
veñan. Pero non veñen. E el non o entende, como tantas cousas dos
adultos. Ademais, os compañeiros ás veces rinse del. Por iso
está triste. Atopa na rúa un can pequeno e branco perdido,
que leva para a casa. Decide chamarlle Chusquiño. É o seu novo
compañeiro. Un día viñeron reclamalo os donos, unha muller
da Coruña co seu fillo, pero deixaron que seguise con Carlos ao
coñecer a súa situación familiar. Como o seu primeiro nome
fora Nei, pasa a ser Nei Chusco. É dos dous rapaces, que se fan bos
amigos. A avoa adoita mandar comida da terra para os pais por un camioneiro
veciño que pasa por Suíza. Un día Carlos agáchase
no camión arelando ir onda os pais. Ninguén sabe ónde
está, ata que o descobre a policía na fronteira francesa. Hai
seis anos disto. Agora vive cos seus pais e a avoa en Lires; ten unha
irmá de tres anos. Seu pai traballa de albanel e a súa mai montou
unha cafetería. El xa vai non instituto e non ten aqueles problemas de
neno. Aínda ten, tamén, o can. |