|
A
raíña Eufemia, muller do rei Artús, xefe dos nove clans
celtas afincados nas terras do Limia, morre ao pouco de nacerlle a filla
Lúa. Dama Rovena a Triste é a elixida para encargarse da
súa crianza. A tristeza de Rovena -viúva de Ferreol, xefe do
clan dos Baluros, quen preferiu matarse antes que caer prisioneiro-
débese a que lle levaron as fadas da Lagoa de Antela o seu fillo
Brandón cando tiña só dous anos. O bardo Kián
díxolle en forma de enigma como podería rescatar o seu fillo.
Enteirada Lúa, descobre gracias a tres soños que é a
destinada a salvar a Brandón desentrañando o enigma.
Pídelle a Dama Rovena unha descrición de Brandón con
quince anos e entón séntese namorada del. Aínda que
só ten doce anos, xa pode emprender a aventura de ilo liberar.
Sorteando perigos e desvelando enigmas, e gracias á axuda de novos
amigos -lobos, osos e un trasno verde ou xas- que consegue no camiño,
chega á Lagoa de Antela. Alí, na vella Antioquía, o
derradeiro día da primavera, cando co solsticio a Lúa e o Sol se
fan iguais, os osos fan que suba a auga e apareza o pazo de ouro e cristal. E
con el Brandón, a quen deste xeito libera das fadas e converte no seu
home. |