| Manoel Riveiro
Loureiro: A primeira pedra Ilustracións de José Carreiro Col. Ala Delta, 33. Serie Verde Ed. Edelvives. Zaragoza, 1994 |
![]() |
Ó longo de trece capítulos, Paula,
unha nena de once anos que é a protagonista deste libro,
ofrécenos unha visión detallada da súa familia, os
Caeiros, e dela mesma. Tamén temos ocasión de coñecer a
ilusión que Paula sente pola nova casa que os seus están a
construír en Bértoa, preto de Carballo, feito que serve de escusa
para que a nena faga continuos percorridos pola crónica familiar. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1994 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996 |