 |
Reúne os traballos premiados na
edición de 1993 deste concurso literario no que participaron estudiantes
de Ensino Medio de diferentes centros de Galicia.
Logo dunha breve "Soleira" de Xosé Neira Vilas,
reprodúcense os textos galardoados comezando polos que recibiron o
primeiro premio: seis poemas agrupados co título de "Tic-Tac",
de David Creus Andrade, e o relato "Xaque mate (cuestión de mal
gusto)" de Xabier Cid Fernández. Os segundos premios foron: en
poesía, para "Palabras de outono", de Xosé Manuel Lema
Mouzo, e en relato curto para Brais Fernández Álvarez, polo seu
"Tratado".
Inclúense asemade dous accésits para cada un dos xéneros:
o conxunto de poemas "Pés de auga", da autoría de
Xosé Agustín Mosquera Cacheiro, e mais "Son eu", de
Xacobe Míguez Vigo, así como os relatos "O Indeciso" de
Raquel María Marcos López, e "1942" de Xoán
Antonio Naveira Seoane.
|