blix



Varios: III Premio de Poesía e Relato Curto do I.B. "Francisco Aguiar" de Betanzos
Ilustracións de Elisa Crespo, Ana Isabel Picos e Manuel Rodríguez
Instituto de Bacharelato "Francisco Aguiar"
Betanzos, 1993

III Premio...

Reúne os traballos premiados na edición de 1992 deste concurso literario no que participaron estudiantes de Ensino Medio de diferentes centros de Galicia.
O libro incorpora unha presentación da directora do I.B. Franciso Aguiar, Lourdes Blanco, e un "A modo de limiar" de Xesús Alonso Montero, na súa condición de membro do xurado. Reprodúcense logo os textos galardoados, comezando polos que obtiveron o primeiro premio: "Epopeia do amor", de Agustín Hermida Castro, na modalidade de poesía e o relato "Baixo cero" de Miguel Roma Ruibal. O conxunto de nove poemas de Miguel Roma Ruibal, "Estadía da xerfa", e a narración "O papaventos", de Marco Antonio Hermida Enríquez, fixéronse merecentes do segundo premio.
Inclúense asemade os accésits, un de poesía para "Catro poemas sobre a opacidade do home e o seu sentimento e un Poema de Amor", de Gonzalo Rodríguez Rey, e dous en narrativa: "Amor libre nun país ceibe", da autoría de Eladio Ferreiro Díaz, e mais "O Derradeiro Sacramento", de Mª Tareixa Castro Enríquez.

88 p. - 24x15 cm.                                                                D.L.     C-679/93



Opinion