blix



Varios: Quinto Premio de Poesía e Relato Curto do I.B. "Francisco Aguiar" de Betanzos
Ilustracións de Alfonso Sanjurjo
Instituto de Bacharelato "Francisco Aguiar"
Betanzos, 1995

Quinto Premio...

O volume recolle os traballos premiados deste xa consolidado concurso para mozas e mozos de Ensino Medio.
En poesía destaca a presencia de escritores da Costa da Morte. Xandra Tedín a gañadora con "Vangarda sentimental" e Xosé Manuel Lema con "Escuro alfabeto do silencio", que acadou o segundo galardón. O accésit foi para o vimiancés Abel Mendes Bujeiro con "Fragmentos", xunto con Senén Lozano López con "Cerdeira Foise".
En relato curto recóllense cinco traballos premiados. Con "Manexos dun manuscrito", que narra a historia dun manuscrito que asasinou a un frade copista e a unha paleógrafa, Inma López Silva acadou o primeiro premio. O segundo foi para Xoán Antonio Naveira Seaoane con "O home pequeno". "Razón hoxe" de Breixo Viejo Viñas e "Canción do neno morto" de Sonia Alonso Iglesias mereceron o accésit. Recibiu un accésit especial o relato "O derradeiro adeus" de Silvia García Vicente, que narra os recordos dunha adolescente durante o falecemento do seu querido avó.



    D.L.C. 55-1995        



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion