| J. Daniel
Buján Núñez: A pirata
Penamoura Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 28 Ediciones S.M. Madrid, 1997 Premio O Barco de Vapor 1996 |
|
Á pirata Noa Penamoura, terror dos sete
mares, entroulle un día a morriña e antoullóuselle unha
cunca de caldo. Ningún dos seis cociñeiros que o intentaron foi
quen de a facer, polo que só cabe unha solución: volver á
aldea natal e que llo faga a nai. |
|