blix



Xoán Babarro / Ana Mª Fernández: O parque da chave dourada
Ilustracións de Manuel Uhía
Col. O Trolebús, 8. Ed. Casals
Barcelona, 1997

O parque da chave dourada

Contén trinta e catro relatos moi breves con ilustracións en branco e negro. Narra, dende a ommnisciencia editorial, unha serie de historias unidas entre si pola repetición dalgúns dos personaxes principais. Iníciase coa chegada de dous irmáns, Quique e Chelo, á súa nova casa, na que atopan a metade dunha chave dourada nunha pequena caixa da madeira. A continuación, o narrador relata as aventuras dalgúns dos habitantes da cidade entre os que destacan a farola, a papeleira vermella, o sol e a Mimosa, os estorniños, a pomba ou unha garza. No último relato desvélase a orixe da chave do Parque dos Catro Ventos e dos Sete Saberes.

184 p. - 20x12 cm.                                                     ISBN    84-218-1799-X



A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998



Opinion