blix



Xosé A. Neira Cruz Paz: Os ollos do tangaleirón
Col. O Barco de Vapor. Serie Vermella, 35
Ediciones S.M. Madrid, 2000
Premio O Barco de Vapor 1999

Os ollos do tangaleirón

Lena Castelo empata coa curmá Raquel na disputa familiar polo devecido posto de asistenta no verán do tío Malaquías e da tía África no laboratorio da Punta das Furnas. A ela tócalle o mes de xullo. O tío é un sabio experto en Criptozooloxía, especializado en estudiar os Pés Grandes.
Ela está pendente das mensaxes que chegan polo correo electrónico. Un día reciben por fin a convocatoria de Meuric para se xuntaren en Gales e planificar a expedición para estudiar os Almas de Mongolia. Alá vai o tío. Mentres, ela e a tía viaxan aos Ancares, atendendo o chamado dun mozo descoñecido en demanda de axuda para salvar o tangaleirón, o ser mítico daquelas montañas, que quere capturar un traficante internacional.
A viaxe tórnase unha perigosa aventura cando descobren que o mafioso é un asasino, co que a tía ten unha vella e dolorosa conta pendente, que agora poderá saldar. E o coñecemento de Abel, coa maxia do espacio natural, cambia decisivamente a vida de Lena.

192 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-7334-6



.  
TRADUCIÓNS

Castelán Los ojos sin párpados
Trad. X. Antonio Neira Cruz
Col. El barco de vapor. Serie roja, 134. Ed. SM. Madrid, 2002
189 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-348-8045-8


RECENSIÓNS

  .      Babar - L. García Nemo



Opinion