| Milagros Oya
Martínez: Ochir Ilustracións de Suso Cubeiro Col. Montaña Encantada. Amarela Everest Galicia. A Coruña, 1997 |
![]() |
Nárrase a aventura de Ochir, un pequeno mongol que vive cos seus pais nómadas nunha ger. Excitado pola idea de asistir ó Festival dos tres xogos o día de Naadam decide unha noite fuxir da tenda co seu fiel cabalo, 9. Polo camiño coñece ó vello O e ós seus amigos xigantes, que levan adiante unha perigosa estratexia para libera-la Mongolia exterior da man dos chineses. O pequeno Ochir verase involucrado nunha inquedante e fantástica aventura ata chegar ó festival e a viaxe dará lugar a unha forte amizade entre os viaxeiros. |
|
|
A nosa
literatura infantil e xuvenil 1997 |