| Cándido
Casal: Nunha praza calquera Ilustracións de Enjamio Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 28. Serie O ordenador Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1996 |
|
Pola farola da praza dunha cidade sabemos dos seus ocupantes: Farolo séntese maltratado polos homes, que teiman en atarlle cousas: o varredor, o carriño; un home, a bicicleta. Macoa, a máquina cobradora do aparcamento, é tan fachendosa que non soporta que un can a use para as súas necesidades. Cadino, o Caixeiro Día e Noite, marea os clientes cambiándolles o saldo, ou mesmo lles nega os cartos, como a unha muller disposta a aproveitar as rebaixas. O semáforo Amarel conta cómo chegaron de Alemaña a Santiago os primeiros da súa especie e das liortas dos homes que ten dentro controlándoo. Pero quen máis historias sabe é Marquesina: as de todos os que agardan o autobús. |
|