blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Alberto Avendaño: Os náufragos de Malakadula
Col. O Barco de Vapor, Serie Vermella, 16
Ediciones S.M. Madrid, 1993
Premio O Barco de Vapor 1992

Os náufragos de Malakadula

Malakadula é un home de raza negra que chegou a Galicia hai moitos anos, e aquí quedou instalado nun pobo costeiro do norte. Alberte, o narrador da historia é un rapaz amigo de Malakadula que vai pasar uns días á casa do vello africano invitado por este. Nun clima de misterio, Malakadula advírtelle a Alberte que precisa da súa axuda para un traballo delicado. Os descubrimentos de Alberte e as explicacións de Malakadula poñen en evidencia que a vella casa do outeiro é visitada polas pantasmas dos náufragos, que buscan establecer contacto cos seus familiares da aldea. Os seus protagonistas procuran facer posibles estes encontros vencendo as desconfianzas da xente.

112 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-4001-4



A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion